Servizos veterinarios en Santiago

Pensado para as súas mascotas

ESPECIALISTAS

Cirurxía en animais

Na Clínica Veterinaria San Roque contamos con un quirófano dotado con aparellos de última xeración que nos permiten monitorizar ao paciente en todo momento para evitar riscos. Ademais, está perfectamente adaptado á cirurxía oftalmolóxica, pois conta con microscopio cirúrxico con asistente, así como un potente Phaco Infinity de Alcon.

Ademais, no noso quirófano dispoñemos de:

  • Monitor multiparamétrico que inclúe ECG, capnografía, presión arterial tanto invasiva como non invasiva, pulsioximetría, temperatura...
  • Limpador dental de ultrasonidos con micromotor, empregado en limpezas dentais con posterior pulido.
  • Electrobisturí de alta frecuencia mano/ bipolar, o que se traduce en "cirurxía sen sangrado", especialmente empregado en fístulas anais, intervencións estomatológicas, extirpación de tumores...
  • Carro de anestesia inhalatoria con xeradores de osíxeno e respiración asistida en intervencións torácicas e apneas intraoperativas.

Identificación por microchip

Actualmente todos os cans deben estar debidamente identificados con microchip que os identifique. Na Clínica Veterinaria San Roque procedemos á implantación do microchip a cans, así como a outras mascotas.

Hospitalización de día para animais

Para aquelas mascotas que o necesiten ou que fosen sometidas a algunha intervención, na Clínica Veterinaria San Roque temos cun servizo de hospitalización de día para un mellor coidado e control da súa evolución.

Gatiños

Laboratorio propio

No centro contamos con servizo de laboratorio propio, importante sobre todo á hora de tratar casos moi urxentes, podendo así establecer a pauta terapéutica precisa.

Realizamos no momento probas de hematología e bioquímica grazas aos analizadores da marca IDEXX LAB, presentes no noso centro.

Para analíticas específicas traballamos con laboratorios de referencia a nivel nacional (perfís hormonais, serologías, paneis de alerxia...).

Outras probas realizadas no noso centro inclúen: análise coprológicas, ouriños, microscopia directa, citologías...

Vacinas de mascotas

En Clínica Veterinaria San Roque vacinamos ás súas mascotas, seguindo o seu pasaporte de vacinación. Ademais, cada vacina inclúe un exame exhaustivo previo da saúde da súa mascota.

Vacina

Reprodución ou inseminación en animais

Na Clínica Veterinaria San Roque realizamos o proceso para a reprodución asistida ou inseminación artificial da súa mascota, no caso de que sexa necesario. Póñase en contacto connosco e informarémoslle.

Contactar

Servizos veterinarios en Santiago

Na nosa clínica veterinaria en Santiago de Compostela realizaremos á súa mascota un diagnóstico preciso para saber o que esta pode estar a sufrir.