Clínica veterinaria en Santiago de Compostela

NÓS

Somos os veterinarios para as súas mascotas

Clínica Veterinaria San Roque abrimos as nosas portas en abril do ano 2000 coa intención de prestar un servizo integral e de calidade ás súas mascotas.

Dende os nosos inicios traballamos para conseguir a súa confianza, converténdonos moi pronto nun referente veterinario en Santiago de Compostela e arredores, superando incluso as nosas expectativas.

Apostamos por unha formación continuada para estar ao día nas últimas novidades en canto a diagnóstico, tratamentos... asistindo a cursos e congresos, tanto nacionais como internacionais.

Todo o necesario para as súas mascotas

  • Contamos con laboratorio propio, o que nos permite establecer unha pauta terapéutica precisa. Ademais, estamos preparados para realizar procesos de reprodución asistida ou inseminación artificial para aumentar a familia da súa mascota.
  • Gústanos escoitar aos nosos clientes, pois son os principais colaboradores e máis esenciais á hora de entender as doenzas das súas mascotas.
  • Na nosa tenda poderá atopar os complementos necesarios para a súa mascota: xoguetes, berces, correas... e os mellores pensos ( Royal Canin, Hill´s...).
Gatitos

No ano 2005 recibimos na VI edición o premio "Manuel Beiras" como empresa con uso continuado da lingua galega.

Servizos veterinarios

Na nosa clínica veterinaria en Santiago atopará os seguintes servizos para as súas mascotas: cirurxía, diagnóstico por imaxe, laboratorio, vacinas, identificación por microchip, reprodución, hospitalización de día, visitas a domicilio...

Ademais, estamos especializados en oftalmoloxía veterinaria, contando cun quirófano perfectamente adaptado, pois conta con microscopio cirúrxico con asistente, así como un potente Phaco Infinity de Alcon.

Tenda veterinaria

Na nosa tenda de animais en Santiago de Compostela atopará unha ampla variedade de complementos para a súa mascota como xoguetes, berces, transportines, colares, correas...

Ademais, como a alimentación xoga un papel fundamental na saúde da súa mascota, esforzámonos en ofrecerlle pensos de moi boa calidade ( Royal Canin, Hill´s...) tanto en fisiolóxico como dietas de prescrición veterinaria.

Juguetes perros
Ollee o noso Facebook

Se quere estar á última das nosas novidades nas redes sociais, visite a nosa páxina de Facebook.

Horario do noso centro

Poderá acudir ao noso local en Santiago de Compostela ou pedir cita no noso teléfono 981 587 233 no horario de luns a venres de 10:30 a 14:00h e de 17:00 a 20:30h. Sábado de 10:30 a 14:00h.

981 587 233

Ademais, contamos con un servizo de urxencias no teléfono 607 952 270, exclusivo para clientes con ficha no noso centro ou, na súa falta, casos remitidos por algún facultativo veterinario.

607 952 270

¿Necesita máis información?

Contacte connosco e pida cita para a súa mascota.