A súa clínica veterinaria en Santiago

Involucrado e interesado no mundo da oftalmoloxía veterinaria, César Planes Regueira obtén o diploma en oftalmoloxía veterinaria da Universidade Complutense de Madrid na súa quinta edición. Socio e membro de grupo de traballo de Oftalmoloxía de AVEPA. Recibe ademais formación continuada e estancias con prestixiosos profesionais desta especialidade.

Actuamente a clínica conta con medios de diagnóstico específicos como por exemplo:

  • Microscopio quirúrxico con asistente
  • Oftalmoscopio directo
  • Panoptic
  • Biomicroscopio con lámpada de fendidura portátil
  • Tonometría dixital de aplanamento
  • Gonioscopia con lente de koeppe
  • Electroretinografía
  • Citoloxía conxuntival, corneal...
  • Radioloxía dixital
  • Ecografía (sonda 10 MHZ)
  • Análise xenético de atrofia progresiva de retina, displasia de retina...

Tratamentos realizados:

  • Anestesia xeral inhalatoria con sevoflurano
  • Monitorización multiparamétrica
  • Cirurxía palpebral
  • Cirurxía de membrana nictitante e anexos
  • Patoloxía e cirurxía de conductos lacrimais
  • Cirurxía corneal
  • Lentillas terapéuticas
  • Próteses intraesclerales
  • Microcirurxía e cirurxía reconstructiva
  • Tratamento de glaucoma
  • Patoloxías de polo anterior. Queratoconxuntivite seca, pannus...
  • Afeccións de polo posterior: alteracións retina, nervio óptico...
  • Patoloxías da órbita: celulitis. Procesos tumorais...
  • Cirurxía de cataratas.