Laboratorio propio

O centro conta con servizo de laboratorio propio, importante sobre todo á hora de tratar casos moi urxentes podendo así establecer a pauta terapéutica precisa.

Realizamos no momento hematoloxía e bioquímica grazas aos analizadores da marca IDEXX LAB, recentemente adquiridos.

Para analíticas específicas traballamos con laboratorios de referencia nacional (perfís hormonais, seroloxías, paneis de alerxia...).

Outras probas realizadas no noso centro inclúen análises coprolóxicas, orina, microscopia directa, citoloxías...