A súa clínica veterinaria en Santiago

CLÍNICA VETERINARIA SAN ROQUE abre as súas portas en abril do ano 2000 coa intención de prestar un servizo integral e de calidade ás mascotas. Tentando ser un referente veterinario en Santiago de Compostela e arredores, que teña a súa confianza. Moi pronto convírtese nun centro de referencia superando as expectativas dos nosos clientes.

Apostamos por unha formación continuada para lograr estar ao día nas últimas novidades en canto a diagnóstico, tratamentos... asistindo a cursos e congresos tanto nacionais coma internacionais. Contamos con laboratorio propio, o que nos permite establecer unha pauta terapéutica precisa. Estando tamén preparados para realizar procesos de reproducción asistida ou inseminación artificial. Gústanos escoitar aos nosos clientes pois para nós son colaboradores esenciais á hora de entender as doenzas das súas mascotas.

Na nosa tenda poderá topar os complementos necesarios para a súa mascota: xoguetes, cunas, correas... e os mellores pensos (Royal Canin, Ilill´s...). No ano 2005, CLÍNICA VETERINARIA SAN ROQUE, recibe na VI edición o premio ”MANUEL BEIRAS” como empresa con uso continuado da lingua galega.

Servizos veterinarios

Servizos veterinarios

Na nosa clínica veterinara en Santiago atopará os seguintes servizos para as súas mascotas: cirurxía, diagnóstico por imaxe, laboratorio, vacinacións, identificación por microchip, reproducción, hospitalización de día, visita a domicilio...

Perruquería de animais

Salón de peiteado de animais

No noso salón de peiteado de animais poderá lavar e cortar o pelo da súa mascota con previa cita, así como cortarlle as uñas, vaciado de glándulas, desanudados... Déalle un cambio de imaxe ao seu can ou mascota.

Tenda veterinaria

Tenda veterinaria

Na nosa tenda de animais en Santiago de Compostela poderá atopar un amplo surtido de complementos para a súa mascota como xoguetes, cunas, transportíns, colares, correas ou alimentación de animais entre outras cousas.